saltar ao contido

Jesús Vázquez Almuiña

Nacemento: Baiona - 1962

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra
Contacto:

Biografía:

Licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.

Foi alcalde de Baiona desde 2004 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003. Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente do Hospital Meixoeiro de Vigo; e médico do Servizo de Admisión do mesmo hospital. Con anterioridade, foi tamén coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no Servizo de Urxencias. Exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.

Desde outubro de 2015 é conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

Imaxe de Jesús Vázquez Almuiña

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Setembro de 2020
Martes
01
09:30
Xoves
03
11:30
Martes
08
12:00
Martes
22
10:00
Mércores
23
10:00
saltar ao pe de páxina