Nacemento: A Coruña - 1973
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 30
Biografía:
Deputado na XIII e XIV lexislatura no Congreso. Foi o letrado que denunciou en 2011 as irregularidades nas prexubilacións dos antigos directivos de Novacaixagalicia. Máster en administración e dirección de empresas (MBA) polo Instituto de Empresa.
Vicepresidente da Asociación Libre de Avogados de Galicia, tamén foi técnico de comercio exterior na oficina comercial da embaixada de España en México e responsable de expansión internacional de Sociedad Textil Lonia. Durante varios anos participou regularmente en diversos medios de comunicación.
Anteriormente foi membro do Comité Nacional Galego do PSdeG e do Comité Provincial do PSOE na Coruña.