saltar ao contido

María Elena Espinosa Mangana

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra

Biografía:

É licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudos Superiores da Empresa (IESE).

En decembro de 1983 comeza a traballar no INSALUD como técnica de xestión, onde desempeña o seu traballo ata setembro de 1984, en que é contratada pola Oficina de Promoción Industrial do Concello de Vigo. Esta oficina, con motivo da reindustrialización da comarca de Vigo, convértese na oficina da ZUR, e intégrase como técnico dela e con posterioridade, en xaneiro de 1987, como responsable.

O 29 de abril de 1988 é nomeada presidenta da Xunta do Porto e Ría de Vigo ―logo, Autoridade Portuaria de Vigo―, onde continúa ata o 19 de xullo de 1996.

Tras o seu cesamento incorpórase ao Instituto Galego de Medicina Técnica, onde permanece dous anos, para incorporarse como directora financeira administrativa da empresa Rodman Polyships SAU en xullo do 1998, onde asume a responsabilidade de adxunta á Presidencia do Grupo de Empresas Rodman en maio do 2002.

En abril de 2004 é nomeada ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación do primeiro goberno de José Luis Rodríguez Zapatero; e catro anos máis tarde, ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, cargo que ocupou ata o 20 de outubro de 2010.

Foi deputada nas Cortes Xerais por Ourense do 9 de marzo de 2008 a 20 de novembro de 2011. Pouco despois incorporouse á empresa onde traballaba con anterioridade ao seu nomeamento, como adxunta á presidencia do Grupo Rodman e vicepresidenta dos consellos de administración de Rodman Polyships SAU e Metalships&Docks SAU. Deixa a empresa privada a principios de maio de 2019.

Ata marzo de 2024 foi conselleira de Renfe Viaxeiros Sociedade Mercantil Estatal SA e vogal do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Actualmente é tenente alcaldesa do Concello de Vigo, tendo delegadas as áreas de Emprego, Fondos Europeos, Patrimonio, Medio Ambiente, Educación, Deportes e Xuventude.

Imaxe de María Elena Espinosa Mangana

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Xunta de Portavoces

Abril de 2024
Xoves
04
11:35
Martes
16
11:06

Pleno do Parlamento

Abril de 2024
Martes
09
09:30
Xoves
11
11:30
Martes
16
12:30

Deputación Permanente

Abril de 2024
Luns
01
10:07

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Abril de 2024
Luns
01
12:40

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Abril de 2024
Luns
01
13:20

Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas

Abril de 2024
Luns
01
11:45
saltar ao pe de páxina