saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

PUY DESTACA O TRABALLO DESENVOLVIDO EN EUROPA POR MILLÁN MON NA BUSCA DE SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS DAS PREFERENTES, O TAX LEASE OU AS RECLAMACIÓNS DOS PENSIONISTAS RETORNADOS

ELECCIONS EUROPEAS 15/04/2014

• É un candidato “con moita experiencia europea e formación para moverse na órbita internacional, xa que leva anos no Parlamento Europeo e é diplomático de carreira” Santiago, 14 de abril de 2014.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o traballo desenvolvido polo eurodeputado e novo candidato do Partido Popular Francisco Millán Mon no Parlamento Europeo, así como a “colaboración máxima e exemplar” co Grupo Parlamentario Popular de Galicia na busca de solucións a problemas tratados en ambas Cámaras, como a venta de participacións preferentes, as sancións do tax lease ou as reclamacións tributarias aos pensionistas retornados a Galicia. Pedro Puy manifestou que Millán Mon é un candidato “con moita experiencia europea e formación para moverse na órbita internacional, xa que leva anos no Parlamento Europeo e é diplomático de carreira”. APOIO IMPORTANTE “Desde a óptica do Grupo Parlamentario Popular, dicir que nos últimos anos ten sido un apoio importante para o traballo deste grupo e a coordinación que ten este grupo co señor Millán Mon ven sendo exemplar nalgunhas cuestións que foron tratadas en ambas Cámaras”, subliñou Puy. Neste sentido, anotou que “esta coordinación excelente levou a éxitos concretos, minimizando a sanción polo tax lease ou se conseguiu que se aceptase a arbitraxe como un mecanismo de solución rápida para moitos preferentistas galegos, cuestións nas que houbo que superar dificultades impostas pola Comisión Europea e, máis en concreto, pola comisaría que dirixía o señor Almunia”. O portavoz popular explicou que “nas institucións europeas é moi importante o traballo previo que hai para que as decisións vaian precociñadas a unha Cámara con máis de 700 representantes, onde hai unha división do voto en múltiples grupos”. “Isto valida o apoio ao PP nestas eleccións, porque ou estás nun gran grupo dos que inflúen nas decisións que se adoptan ou dificilmente un único deputado nun grupo minoritario pode conseguir logros para Galicia”, engadiu. LISTA DO PP MOI BEN REPRESENTADA Respecto ao ofrecemento feito polo candidato socialista José Blanco ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para representar a Galicia no Parlamento Europeo, Pedro Puy agradeceu “que haxa xente que quere sentirse útil e seguro que haberá momentos nos que todos teñamos que poñernos de acordo para defender os intereses de Galicia no Parlamento Europeo”, pero anotou que “esa xenerosa oferta do señor Blanco non é necesaria, porque a lista do Partido Popular está moi ben representada por Francisco Millán Mon.”
saltar ao pe de páxina