saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

MIGUEL TELLADO:”O PSOE, CANDO GOBERNOU, DEU UN NON AO DIQUE FLOTANTE E DEULLE UN NON AO NAVAL FERROLÁN”

O deputado popular sinalou que 09/09/2014

Santiago, 9 de setembro de 2014.- O deputado do PPdeG Miguel Tellado criticou hoxe no Parlamento que “o PSOE, cando gobernou, deu un non ao dique flotante e deulle un non ao naval ferrolán” e rexeitou a “instrumentalización política que están a facer os socialistas galegos da preocupación e as inquedanzas dos traballadores do naval galego”. Así, sinalou que a iniciativa socialista debatida no pleno “está valeira de contido e rigor e se ten quedado resesa xa que é do mes de maio e é imposible de executar, e polo tanto aprobar, xa que a elaboración dun plan industrial para Navantia non lle corresponde á Xunta de Galicia”. Ademais, engadiu o deputado popular, “ignoran a resposta do Comisario Europeo da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, que ten negado a posibilidade de construción do dique flotante con recursos públicos ao igual que no seu día fixo a Vicepresidenta segunda do Goberno de Zapatero, Elena Salgado”. Miguel Tellado destacou na súa intervención que “foi un Goberno socialista quen aprobou a reconversión no ano 2005, o que mandou a casa a 1400 traballadores de Izar e Astano, destruíron 2000 empregos nas auxiliares e os que aprobaron prorrogar ata o 2015 o veto sobre Astano”. Por iso, indicou, “vostedes representan o pasado negro do sector naval galego e o PP, ali onde goberna, dende a Xunta e tamén dende o Goberno de España, traballa para devolver o futuro aos nosos asteleiros buscando carga de traballo coa firme vontade de dotar ao naval de futuro”. Así destacou os contratos do flotel de PEMEX, o contrato do buque de acción marítima encargado pola Armada Española ou a transformación do Monforte de Lemos como “realidades ao que temos que sumarlles posibilidades certas como o contrato de enxeñería e equipamento dun LHD para a Armada de Turkía, o posible contrato de Iberdrola para a construción de 29 jackets ou o posible contrato de dous buques loxísticos para a Armada australiana, como claros exemplos da preocupación e o compromiso dos gobernos do PP co sector naval”. “Nós imos seguir reinvidicando que se intensifique máis a acción comercial de Navantia, esixindo que se potencie a área de reparacións e que se aproveite o fin do veto para que en Ferrol se poidan construír todo tipo de buques a partir do 2015 e non imos colaborar nese xogo de crispación política na que queren entrar buscando a confrontación e o enfrentamento utilizando o naval como excusa” finalizou dicindo o deputado popular.
saltar ao pe de páxina