saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

O GRUPO POPULAR APOIA A APROBACIÓN POR UNANIMIDADE DUNHA PROPOSICIÓN PARA QUE A XUNTA REFORCE OS MEDIOS MATERIAIS E HUMANOS DOS PROCESOS DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA

A portavoz de Medio Rural, Isa 12/09/2014

• García Pacín manifestou a “necesidade dunha norma máis áxil, efectiva e axeitada á realidade” Santiago, 12 de setembro de 2014.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación por unanimidade dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a reforzar os medios materiais e humanos que permitan unha rápida conclusión dos procesos de concentración parcelaria en curso, en particular aqueles obxecto de traballo por parte do Valedor do Pobo. A portavoz de Medio Rural, Isabel García Pacín, explicou que “apoiamos esta iniciativa tendo en conta que na actualidade os recursos son limitados e a Xunta de Galicia está a facer un traballo optimizando os recursos que posúe e priorizando naqueles procesos que considera máis necesarios”. DEMANDA DE MÁIS PARCELAS DIMENSIONADAS “É evidente que algo mudou nos datos referidos ao acceso á terra, pero as administracións son conscientes de que esa evolución foi e é insuficiente, dado que persiste a demanda de máis parcelas dimensionadas dispoñibles, ao tempo que se pretende reducir a superficie abandonada e, polo tanto, as perdas sobre o seu potencial de produción”, sinalou a portavoz popular. Neste sentido, García Pacín recordou que “nas últimas lexislaturas foron varias as medidas lexislativas que habilitaron ferramentas útiles e a disposición dos particulares para facilitar o redimensionamento das súas propiedades, como a Lei de mobilidade de terras, a Lei de montes e futura lei de mellora da estrutura agraria”. Porén, puxo de manifesto a “necesidade dunha norma máis áxil, efectiva e axeitada á realidade”, logo de que o informe do Valedor do Pobo “evidenciara que os trámites da norma actual se alongan no tempo, con fortes investimentos e reducida influencia”. Isabel García informou, recollendo os datos facilitados polo director xeral durante a súa comparecencia no Parlamento, que na actualidade hai 150 procesos de concentración parcelaria, que afectan a 11.000 hectáreas.
saltar ao pe de páxina