saltar ao contido

Pilar Rojo participa na primeira reunión do Comité Permanente da CALRE 2015

​Na reunión analizouse o programa de actividades da CALRE 2015 e foi presentado o programa de traballo da Comisión Europea para este ano.
<p class='clearfix'></p>

CALRE 13/03/2015

Santiago, 13 de marzo de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participou hoxe en Bruxelas, na súa condición de vicepresidenta da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas, no primeiro Comité Permanente da CALRE 2015, organización que no actual exercicio preside o titular do Consello Rexional de Lombardía, Raffaele Cattaneo. Participou tamén na xuntanza o presidente do Comité das Rexións, Markku Markkula.
 
Na reunión analizouse o programa de actividades da CALRE 2015 e foi presentado o programa de traballo da Comisión Europea para este ano. A axenda da reunión incluíu tamén a articulación de posibles fórmulas de colaboración entre a CALRE e o Comité das Rexións, as relacións entre a organización dos parlamentos rexionais europeos e a Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais (NCSL) dos Estados Unidos, e a programación do Foro Mundial de asembleas lexislativas rexionais e subnacionais.
 
Tamén se presentaron os grupos de traballo da CALRE 2015. O Parlamento de Galicia participa nos 5 grupos de traballo da organización: Política de Cohesión, e-Democracia, Inmigración, Igualdade de Xénero e Política de Subsidiariedade.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina