saltar ao contido

Visita institucional dos integrantes da Mesa do Parlamento ao Consello de Contas

Visita 04/04/2016

Santiago, 4 de abril de 2016.- Os integrantes da Mesa do Parlamento efectuaron esta mañá unha visita institucional ao Consello de Contas de Galicia, onde mantiveron unha reunión co conselleiro maior, José Antonio Redondo, e os demais conselleiros do órgano de control e fiscalización externa das contas do sector público autonómico.

A visita enmárcase na ronda de contactos que a Mesa do Parlamento iniciou en febreiro pasado cunha visita á sede do Valedor do Pobo para coñecer de preto o traballo que desenvolven este tipo de institucións e repasar a relación entre estas e a Cámara lexislativa.

O Consello de Contas, que acaba de ser renovado na súa totalidade, cumpre 25 anos de existencia en 2016.

Coa aprobación polo Parlamento da Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, e do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, para a prevención da corrupción, as competencias do Consello de Contas foron reforzadas, aspecto que foi abordado na reunión entre os membros da Mesa da Cámara e os conselleiros dese órgano de fiscalización.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina