saltar ao contido

O presidente do Parlamento recibe a unha delegación da Fundación Secretariado Xitano

Visita 04/04/2017

. Seguiron a lectura dunha declaración institucional do Parlamento sobre o Día Internacional do Pobo Xitano desde a tribuna de convidados do Hemiciclo.
 
Santiago, 4 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta tarde, no seu despacho, a unha delegación da Fundación Secretariado Gitano, minutos antes de dar lectura a una declaración institucional da Cámara con motivo da celebración, o vindeiro 8 de abril, do Día Internacional do Pobo Xitano.

Os integrantes da delegación da Fundación Secretariado Gitano seguiron a lectura da declaración institucional desde a tribuna de público do Hemiciclo. De seguido, efectuaron una visita guiada á sede do poder lexislativo galego.

Para acceder á declaración institucional, preme aquí: https://goo.gl/gBAfg6

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina