saltar ao contido

O presidente do Parlamento asiste aos actos institucionais do Día de Galicia

Dia de Galicia 25/07/2017

Santiago, 25 de xullo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu na mañá deste martes á  Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, na que o presidente da Xunta actuou como delegado rexio,  e aos actos posteriores.
 
Pola tarde, participou na misa en lembranza de Rosalía de Castro, que se celebra cada ano na Igrexa de San Domingos de Bonaval, así como na posterior ofrenda floral no Pantéon de Galegos Ilustres.
 
Previamente, o luns 24 de xullo, Santalices asistiu ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2017.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina