saltar ao contido

O fiscal superior de Galicia entrega a Memoria de 2018 ao presidente do Parlamento

Memoria 2018 11/11/2019

Santiago, 11 de novembro de 2019.- O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, entregou esta tarde ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria Anual da Fiscalía Superior correspondente ao exercicio de 2018.
 
Coa entrega da Memoria Anual de 2018 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumplimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade, previsiblemente,  cunha futura comparecencia do fiscal superior de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina