saltar ao contido

O presidente do Parlamento propón a Núñez Feijóo como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia

XI Lexislatura 24/08/2020

• O titular do Parlamento de Galicia recibiu a Núñez Feijóo para trasladarlle o resultado da rolda de consultas celebrada esta mañá coas portavoces dos grupos parlamentarios
 
• A proposta será trasladada á Mesa e Xunta de Portavoces para convocar o debate de investidura que, previsiblemente, se celebrará os días 1 e 3 de setembro
 
Santiago, 24 de agosto de 2020.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, proporá a Alberto Núñez Feijóo como candidato á Presidencia da Xunta logo da rolda de contactos, que tivo lugar esta mañá, cos portavoces dos tres grupos parlamentarios representados na Cámara galega.
 
Coa celebración da rolda de contactos dase cumprimento ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento da Cámara e ponse en marcha o procedemento para a investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.
 
Logo de constatar que Feijóo contará co respaldo maioritario da Cámara a través do apoio dos 42 deputados do Grupo Parlamentario Popular, o presidente do Parlamento convocará a Mesa e Xunta de Portavoces para trasladar o resultado da rolda de consultas e convocar o debate de investidura que, previsiblemente, se celebrará os días 1 e 3 de setembro.
 
DATA ACTUACIÓN
  • Xoves, 27 de agosto: Mesa-Xunta de Portavoces
  • Martes, 1 de setembro: Debate e votación da investidura (inicio)
  • Xoves, 3 de setembro: Debate e votación da investidura (continuación)
    (transcorridas 48h - art. 136.3º e 5º RPG)
  • Xoves, 3 de setembro: Comunicacións elección presidente Xunta a O Rei
  • Venres, 4 de setembro: Publicación elección no BOPG, DOG e BOE
  • Sábado, 5 de setembro: Toma de posesión da Presidencia da Xunta
     (art. 19 Lei 1/1983)
  • Martes 8 de setembro: Sesión solemne de apertura da XI Lexislatura
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina