saltar ao contido

Acordo sobre presenza reducida de deputados e deputadas no interior do Hemiciclo do Parlamento de Galicia

Pleno 09/11/2020

• A medida consiste en reducir a presenza no interior do Salón de Plenos ao 50%, mantendo a proporcionalidade en relación co número de escanos de cada un dos grupos parlamentarios


Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2020.- 
Os portavoces dos grupos parlamentarios adoptaron, logo da proposta inicial formulada polo presidente da Cámara o pasado martes, un acordo formal consistente en reducir a presencialidade dos deputados e deputadas nas sesións plenarias para evitar a coincidencia simultánea e continuada dos 75 asistentes ás sesións que, neste etapa, acadan unha duración media de 9 horas diarias.

O acordo vén determinado pola situación epidemiolóxica, coas conseguintes limitacións de aforo e outras restricións ditadas polas autoridades sanitarias. O  contido do acordo será revisado periodicamente e poderá actualizarse en función da evolución da pandemia.


Esta redución será de aplicación nas vindeiras sesións plenarias, comezando xa no Pleno convocado para os días 10 e 11 de novembro.


A medida consiste en reducir a presenza no interior do Salón de Plenos ao 50%, mantendo a proporcionalidade en relación co número de escanos de cada un dos grupos parlamentarios:


- O presidente do Parlamento de Galicia (ou quen o substitúa na Presidencia da sesión plenaria) e 38 deputados/as:


* 21 PPdG
* 10 BNG
*  7 PSdG

Deste xeito, a metade dos membros da Cámara seguirán  a sesión plenaria fisicamente desde os seus escanos do Hemiciclo, mentres que o resto das deputadas e deputados o farán desde os seus despachos ou noutras dependencias do Pazo do Hórreo, rotando en función do desenvolvemento da orde do día e dos distintos oradores que teñan que intervir en cada unha das iniciativas que se estean debatendo.
 Unicamente no momento das votacións poderán ocupar os seus escanos no Hemiciclo de xeito presencial e simultáneo os 75 deputados e deputadas.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina