saltar ao contido

O presidente do Parlamento recibe a primeira dose da vacina contra a covid-19

Vacina Covid-19 08/05/2021

Santiago, 8 de maio de 2021.-  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía, no recinto de Expoourense, a primeira dose da vacina contra a covid-19.
 
No exterior do recinto, en declaracións aos xornalistas, Santalices Vieira animou a todas as persoas convocadas a que acudan a vacinarse, na medida en que este e o único xeito de comezar a superar a pandemia. Trasladou o seu agradecemento a todas as persoas que participan no dispositivo de vacinación, que considerou modélico.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina