saltar ao contido

O embaixador de Xapón visita o Parlamento de Galicia

Visita institucional 14/02/2022

Santiago, 14 de febreiro de 2022.-O embaixador de Xapón en España, Kenji Hiramatsu, efectou esta tarde unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

No transcurso do encontro, o presidente do Parlamento de Galicia interesouse polas relacións bilaterais e fixo votos polo seu fortalecemento. Santalices Veira explicou ao embaixador Hiramatsu que o Parlamento de Galicia está a conmemorar o seu 40 aniversario e defendeu o acerto da autonomía –propiciada pola Constitución e consagrada no Estatuto- para afondar no desenvolvemento económico, social e democrático da Comunidade Autónoma.

O presidente do Parlamento de Galicia e o embaixador de Xapón coincidiron no papel fundamental da democracia para o desenvolvemento dos pobos e a consolidación das relacións internacionais desde unha óptica de amizade e cooperación recíprocas, priorizando a diplomacia fronte a calquera outra vía.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina