saltar ao contido

A Fiscalía Superior de Galicia entrega ao Parlamento a a Memoria de 2021

​​
<p class='clearfix'></p>

Memoria 2021 Fiscalía Superior de Galicia 17/10/2022

Santiago, 17 de outubro de 2022.- O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria Anual da Fiscalía Superior correspondente ao exercicio de 2021.

Coa entrega da Memoria Anual de 2021 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumplimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade cunha futura comparecencia do fiscal superior de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina