Co fin de compatibilizar a realización das visitas ao Parlamento de Galicia coas necesarias garantías de seguridade para o persoal que traballa na institución e todas as persoas visitantes, en cumprimento das recomendacións das autoridades sanitarias establecéronse unha serie de medidas en relación á Covid-19.
As visitas concederanse sempre en función da situación sanitaria do momento seguindo as medidas de seguridade e protección establecidas polas autoridades sanitarias para impedir a transmisión da Covid-19.
O Parlamento de Galicia abre as súas portas a todas aquelas persoas que queiran coñecer a organización e as funcións da cámara lexislativa galega e aprender sobre elas e sobre a historia da súa sede, o Pazo do Hórreo.
Video de presentacion de E ti, vés ao Parlamento?
Os cidadáns e cidadás interesados en visitar a institución poden facelo participando nas nosas visitas guiadas para grupos ou particulares con reserva previa ou durante o día de portas abertas.
E ti, vés ao Parlamento? Elixe a túa modalidade de visita.
Visitas guiadas para grupos con reserva previa.
Visitas limitadas a un máximo de 4 asistentes.
Video en lingua de signos do dia de portas abertas
Visitas guiadas con cita previa todos os luns ás 10:00, 12:00 e 16:30, agás días festivos e xornadas concretas por actos parlamentarios e institucionais. Poden facer a súa reserva en:
Visitas limitadas a un máximo de 4 asistentes.
* O día da visita deberán presentar o documento acreditativo de identidade.