saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de novembro de 2014

 

5.4 27037 (09/PNP-001965)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román, e sete deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proceso de reforma do mapa de titulacións universitarias
Publicación da iniciativa, BOPG nº 342, do 17.09.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, no proceso de reforma do mapa de titulacións universitarias, se teña en conta na súa avaliación aquelas titulacións de oferta única en Galicia, e aquelas orientadas ao desenvolvemento de sectores estratéxicos que contribúan á especialización dos campus galegos».
 

5.6 27302 (09/PNP-001987)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Veira, Pedro Manuel, e seis deputados/as máis
Sobre a demanda do Goberno galego á Administración tributaria estatal relativa á consideración do pronunciamento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respecto dos pactos sucesorios de mellora e apartación no IRPF
Publicación da iniciativa, BOPG nº 346, do 24.09.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande da Administración tributaria estatal que teña en conta os pronunciamentos do Tribunal Superios de Xustiza de Galicia en relación coa natureza xurídica da transmisión mortis causa dos pactos sucesorios de mellora e apartación realizados ao abeiro da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, para os efectos da súa non tributación no IRPF.»
 
 
5.9 29381 (09/PNP-002128)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre a demanda polo Goberno galego a RTVE de reposición das emisións en onda curta de Radio Exterior de España
Publicación da iniciativa, BOPG nº 365, do 30.10.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a reclamar da RTVE a restitución das emisións de onda curta de Radio Exterior.»

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina