saltar ao contido

Pilar Rojo recibe no Parlamento á presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados

Santiago, 12 de xuño de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía, no seu despacho da Cámara, á presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados, María del Carmen Quintanilla Barba, que acudiu acompañada pola secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.
 
Quintanilla Barba, que tamén é presidenta nacional da Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER), desenvolve hoxe en Galicia unha serie de visitas que inclúen o Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero e o programa Woman Emprende da USC.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina