saltar ao contido

Acordos da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 28 de marzo de 2018

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 28 de marzo de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 27347 (10/PNC-002115)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 15 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de explotación mineira San Rafael nº 2946, nos concellos de Touro e O Pino
BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Avaliar as consecuencias e circunstancias do proxecto de explotación mineira San Rafael nº 2946, situado nos concellos de Touro e O Pino desde o total garantismo legal e o rigor na execución do procedemento, de forma que se salvagarde o total respecto ao  contorno,  o  estrito  cumprimento  da  legalidade  vixente  e  se  dote  de  todas  as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas no caso de ser aprobado
 
2.- Que se garanta o cumprimento do plan de labores e o seguimento e vixilancia de calquera impacto medioambiental que se puidese producir como consecuencia do resultado actual da explotación da mina.”.
 
Aprobación con modificacións
 
- 27545 (10/PNC-002132)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 4 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coa adaptación da central térmica de Meirama ao novo marco regulatorio da Directiva Europea de emisións industriais, co fin de garantir o seu funcionamento máis alá de 2045
BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a utilizar tódolos mecanismos dos que dispoña para que Gas Natural-Fenosa desenvolva as inversión necesarias para cumprir coa Directiva de Emisión, que acordaron no Consello da Cidade da Cultura e anunciaron ao Goberno de España e que garante o funcionamento da central máis alá do 2020."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 4728 (10/PNC-000454)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a presentación pola Xunta de Galicia dun plan de recuperación da titularidade e explotación pública directa dos saltos hidroeléctricos e a facilitación de información respecto das condicións do outorgamento das concesións
BOPG n.º 66, do 15.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Elaborar unha estratexia de actuación sobre os aproveitamentos hidroeléctricos con dereito concesional a extinguir no presente e no seguinte ciclo de planificación hidrolóxica (ata o ano 2027), na que se analicen os condicionantes xurídicos, económicos, ambientais e sociais que permitan decidir, no seu caso, a modalidade de explotación dos mesmos.
 
2. Continuar achegando toda a información que se solicite sobre as condicións de concesión dos saltos hidroeléctricos da Demarcación Galicia-Costa.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina