saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 22 de novembro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de novembro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de novembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto único: Textos lexislativos
 
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais  da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2022 (doc. núm. 23846, 11/PL-000011)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 20.10.2021
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 226, do 12.11.2021
 
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 23847, 11/PL-000012) 
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 20.10.2021
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 226, do 12.11.2021

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina