saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 1 de febreiro de 2022

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 1 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 27399 (11/PNC-002524)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre o cumprimento da Xunta de Galicia da proposición non de lei aprobada en pleno respecto das compensacións económicas aos mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo
BOPG n.º 259, do 19.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta a adiantar os cartos das compensacións económicas por inactividade obrigada aos mariscadores da Ría do Burgo durante o tempo que duren as obras de dragaxe e rexeneración previa garantía de transferencia, mediante a sinatura dun convenio dende o inicio das obras dos fondos pertinentes polo Estado para esta finalidade, o que permite activar garantías de protección aos mariscadores e evitarlles un compromiso de endebedamento engadido innecesario."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 27683 (11/PNC-002536)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que adecúe e afine os modelos de xestión das cotas para evitar que existan paralizacións provisionais de especies fundamentais cando non sexan rendibles economicamente segundo os datos de consumo e que prexudican gravemente a frota galega
BOPG n.º 259, do 19.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que adecúe e afine os modelos de xestión das cotas para evitar que existan paralizacións provisionais de especies fundamentais cando non sexan rendibles económicamente segundo os datos de consumo e que prexudican gravemente a frota galega”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina