A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 6 de xuño de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 49280 (11/PNC-004200)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que as actividades de percebeiros e bateeiros se desenvolvan de xeito coordinado e en igualdade de condicións
BOPG n.º 450, do 08.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Dar continuidade á aplicación das medidas propostas, para a recolección, producción e xestión da mexilla, especialmente daquelas dirixidas á disposición de áreas con presenza de mexilla e da análise das causas que poden afectar á súa fixación e existencias.
2.- Continuar có diálogo para que ambas actividades se desenvolvan de xeito coordinado e en igualdade de condicións, e se asegure o entendemento e beneficio mutuo dos intereses das dúas partes."
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023