saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 3 de xullo de 2024

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 3 de xullo de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 456 (12/PNC-000016)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central referidas ás novas necesidades de financiamento xurdidas coa Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio de Universidades que asuma de inmediato os gastos extraordinarios que repercutan nas universidades públicas para adaptarse á LOSU; e fixe, canto antes, as partidas que se destinarán para acadar o obxectivo do 1% do."

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 2009 (12/PNC-000251)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez López, Lara e 2 máis

Sobre determinadas medidas que a Xunta de Galicia debe adoptar co fin de manter a viabilidade e de impulsar a fortaleza do Campus Terra de Lugo

BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

 

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a, tras 12 anos, e de xeito consensuado coas tres universidades públicas galegas revisar o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nomeadamente no que se refire a estudantes de novo ingreso, de xeito que se garanta a continuidade dos estudios mencionados, todo elo coa finalidade de xerar confianza na comunidade educativa das facultades do Campus Terra e nos sectores produtivos directamente relacionados coas titulacións existentes no Campus de Lugo.

 

Deseñar campañas públicas, xunto con outras administracións e coas universidades, encamiñadas a promover vocacións relacionadas cos perfís profesionais que se ofertan no Campus terra e nos demais campus periféricos".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina