saltar ao contido

Acordos aprobados na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 16 de outubro de 2024


​Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 6107 (12/PNC-000739)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que elabore  un estudo  dos  custos que suporía o rescate e a gratuidade da autoestrada AP-9

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que elabore un estudo, serio e minucioso, sobre o custo que suporía o rescate e a gratuidade da autovía do Atlántico (AP-9) e a dar traslado do seu resultado ás forzas políticas con representación nesta Cámara."



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina