saltar ao contido

Susana López Abella

Nacemento: Chantada - 1967

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Lugo
Lugo
Contacto:

Biografía:

Realizou estudos de Ciencias Empresariais na Facultade de Empresariais de Vigo. Colexiada en Xornalismo polo Colexio Profesional de Periodistas de Galicia.

Foi secretaria xeral de Familia e Benestar da Consellería de Benestar desde o ano 2009 e en 2011 foi nomeada secretaria xeral de Igualdade, cargo que ocupou ata xuño de 2023.

Entre os anos 1999 e 2003 foi concelleira de Cultura e Relacións Institucionais e tenente alcalde no Concello de Chantada; posteriormente, concelleira desde 2007 ata abril de 2009.

Foi vicesecretaria executiva e voceira de Benestar Social e coordinadora de Igualdade do PPdeG. Na actualidade é vicesecretaria de Igualdade no Partido Popular de Lugo.

Elixida deputada no Parlamento galego desde a VI lexislatura, na que foi voceira adxunta 3ª do Grupo Popular, presidenta da Comisión da Mocidade, voceira na Comisión de Igualdade e Dereitos da Muller, voceira de Emprego na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e secretaria na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos.

Na VII Lexislatura, foi voceira de Traballo, Muller e Igualdade do Grupo Popular e na VII,VIII, IX e X Lexislatura foi elixida deputada autonómica pola provincia de Lugo.

Imaxe de Susana López Abella

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

Setembro de 2023
Venres
08
10:30
saltar ao pe de páxina