Nacemento: A Coruña - 1966
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 551 530
Biografía:
Actualmente vive en Cerceda. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Na súa traxectoria profesional, desenvolveu traballos como consultora, asesora laboral, fiscal e contable e asesora na Administración local.
No eido político foi concelleira de Servizos Sociais, Promoción Económica, Cultura, Educación, Emprego e Recadación no concello de Cerceda. Entre 2005 e 2009 foi directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. Deputada provincial na Deputación da Coruña entre 2001 e 2005. Parlamentaria autonómica dende 2016.
Na actualidade forma parte da Comisión Executiva Provincial da Coruña como secretaria de acción electoral e da Comisión Executiva Municipal de Cerceda como vicesecretaria xeral.