Nacemento: Melide - 1972
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Naceu en Melide en 1972. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Técnica en Información e Cultura. Foi alcaldesa de Melide desde 2011 ata 2016, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007.
No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de Comunicación. Tamén foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia. Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.
Desde outubro de 2016 ata setembro de 2018 foi conselleira de Medio Rural. Desde outubro de 2018 ata a actualidade é conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.