saltar ao contido

Lexisla con Nós

Proxecto de lei de pesca continental de Galicia.

Proxecto de lei de pesca continental de Galicia. (11/PL-000001).

Opinións

1 - Escrito por Jorge García Duarte o 13/11/2020 02:07

Como pescador e, activista comprometido ca xestión da pesca fluvial galega nos últimos 15 anos. Dóeme ver a rebaixa ambiental que supón o texto que se pretende aprobar. Como bo galego debía calar, achantar, total… Pero custa calar ante o insulto. E resulta insultante que con impecable redacción nas disposicións derogatorias, se queira amnistiar a aqueles que destruíron e destrúen o recurso da pesca. Resulta imperdoable a burla; Que na nova guía legal que pretende disciplinar e fiscalizar ós pescadores, se exima de responsabilidades a aquelas concesionarias que nunca cumpriron co que firmaron. Abraia ver a rebaixa sancionadora das infraccións máis graves, alentando en lugar de disuadir a aqueles que se benefician a conta de arruinar o que é de todos. Era previsible que unha iniciativa forzada para remendar décadas de deixadez e falta de xestión, había desaugar nunha proposta de lei cativa e traizoeira. Confirmando os peores temores dos que pensamos que a lei actual non é tan mala. Obsoleta nalgún precepto tras case 20 anos, pero non pode ser mala, cando se tivo que bordear ca Lei de Augas para ampliar a explotación dos nosos ríos. Non debe ser tan mala, cando nunca houbo moito interese por desenvolvela nin por facela cumprir. Casualmente, estes días, mentres se eleva a tan pobre debate parlamentario a proposta da Nova Lei de Pesca Continental, ten lugar un marabilloso “proceso natural” que tolda as turquesas augas do Río Eume. Teñen que perdoarme, pois entre unha cousa e a outra, e dende a natural desconfianza e incredulidade dun galego, da aldea, quixera parecer que están a moverme os marcos, de día e diante dos fuciños. Pouco custa albiscar o impecable exercicio de desprezo pola intelixencia dos administrados e a falta de compromiso coa nosa terra. Non dubido do esforzo e recursos destinados a elaborar o texto desta nova lei, pero queda visto que a dirección na que se traballou alónxase moito da protección, xestión e valorización do recurso da pesca continental. Atrévome a asegurarlles señorías, que nin o colectivo de pescadores, nin a maioría dos galegos que depositaron a súa confianza en vostedes, se sinte representado e identificado por un texto de tan baixo espírito e principios. Se queren facer algo pola pesca, polos pescadores, polos ríos e polo pobo. Por favor. Non fagan nada. Para xestionar miseria, ben chega co que hai. P.D.: Non leva este texto, inclinación ou preferéncia política algúha. Soamente a impronta necesaria para provocar a atención e unha maior reflexión sobre a lei a debate. Para ben ou para mal, que dispoña del quen o desexe. E lamento, polo respeto que lle teño a esta institución, a crueza da queixa, pero vendo o camiño que toman as cousas, resulta difícil administrar o desánimo e, peor aínda, o desprezo. Jorge García Duarte Pescador, Secretario da Asociación Deportiva de Pesca Santa Comba – Xallas e Ex-secretario da Federación Galega de Pesca.

2 - Escrito por Héctor o 13/11/2020 07:16

Como pescador e activista comprometido ca xestión da pesca fluvial galega nos últimos 15 anos. Dóeme ver a rebaixa ambiental que supón o texto que se pretende aprobar. Como bo galego debía calar, achantar, total… Pero custa calar ante o insulto. E resulta insultante que con impecable redacción nas disposicións derogatorias, se queira amnistiar a aqueles que destruíron e destrúen o recurso da pesca. Resulta imperdoable a burla; Que na nova guía legal que pretende disciplinar e fiscalizar ós pescadores, se exima de responsabilidades a aquelas concesionarias que nunca cumpriron co que firmaron. Abraia ver a rebaixa sancionadora das infraccións máis graves, alentando en lugar de disuadir a aqueles que se benefician a conta de arruinar o que é de todos. Era previsible que unha iniciativa forzada para remendar décadas de deixadez e falta de xestión, había desaugar nunha proposta de lei cativa e traizoeira. Confirmando os peores temores dos que pensamos que a lei actual non é tan mala. Obsoleta nalgún precepto tras case 20 anos, pero non pode ser mala, cando se tivo que bordear ca Lei de Augas para ampliar a explotación dos nosos ríos. Non debe ser tan mala, cando nunca houbo moito interese por desenvolvela nin por facela cumprir. Casualmente, estes días, mentres se eleva a tan pobre debate parlamentario a proposta da Nova Lei de Pesca Continental, ten lugar un marabilloso “proceso natural” que tolda as turquesas augas do Río Eume. Teñen que perdoarme, pois entre unha cousa e a outra, e dende a natural desconfianza e incredulidade dun galego, da aldea, quixera parecer que están a moverme os marcos, de día e diante dos fuciños. Pouco custa albiscar o impecable exercicio de desprezo pola intelixencia dos administrados e a falta de compromiso coa nosa terra. Non dubido do esforzo e recursos destinados a elaborar o texto desta nova lei, pero queda visto que a dirección na que se traballou alónxase moito da protección, xestión e valorización do recurso da pesca continental. Atrévome a asegurarlles señorías, que nin o colectivo de pescadores, nin a maioría dos galegos que depositaron a súa confianza en vostedes, se sinte representado e identificado por un texto de tan baixo espírito e principios. Se queren facer algo pola pesca, polos pescadores, polos ríos e polo pobo. Por favor. Non fagan nada. Para xestionar miseria, ben chega co que hai. Héctor García Herraez Pescador, Presidente Asociacion Medioambiental PapandoMiscas

3 - Escrito por Santiago Fraga Sáenz o 13/11/2020 08:50

Como profesional en materia fluvial (son enxeñeiro de montes con moitos anos de experiencia adicado á xestión piscícola e ecosistemas acuáticos), non podo mais que amosar a miña preocupación pola degradación dos ríos na nosa comunidade. Sorpréndeme ver con sorpresa como este texto presentado elimina toda referencia existente á conservación do hábitat fluvial (vexetación de ribeira, protección da fauna piscícola, escalas, caudais ecolóxicos, protección de fauna piscícola nas derivacións...) todas presentes con maior ou menor fortuna na actual lei 7/1992. Este paso atrás en pleno século XXI non se comprende en absoluto e lexisla en contra de todo principio rector de xestión sustentable. Por favor replanteen o texto. Teño alegacións e emendas parciais preparadas por se lles poden interesar. O que sucede é que é un texto profuso que non podo trascribir aquí pero estaría encantado de llo remitir a quen quixer se así o precisaren.

4 - Escrito por Marcos o 14/11/2020 10:43

Estamos a ver estes dias no Parlamento moita actividade o redor da nova lei de pesca que queren aprobar. Coma pescador, e sobre todo coma conservacionista e defensor dos ríos e humedáis, quedo abraiado polo texto que intentan aprobar. Imaxino ese texto en Francia ou nos Estados Unidos, países que son referentes coma moitos outros en restauración dos ecosistemas fluviais. Colleríano para prender un bon lume e quentar as mans acompañado dunha boa sonrisa. Ese texto e o pretexto que lles falta para seguir permitindo legalmente o que as concesionarias levan anos facendo en Galicia. Donde se permitiu que un río coma o Eume tivese carro kilómetros de cauce seco dentro de un parque natural, Ou ver a única cascada que desemboca no mar coma a do Xallas, pasar por unha turbina e ter únicamente os domingos un caudal turístico, Ou ver coma o río Castro en Lires desemboca nunha piscifactoría e non no mar. Eso pasou e pasa aquí señorías, na nosa Galiza. E baixo o seu amparo. Xa non contar casos de contaminación por deficiencias nas depuradoras , exemplos sangrantes coma o Madalena en Vilalba, o Sar en Santiago, o Ulla en Monterroso e unha lista interminable. Lonxe de acordar un texto que poña fin a estas tropelías pretenden darlles man aberta e casi cobertura legal a empresas que empobreceron os nosos ríos, un ben público a costa de encher os petos e non pagar nin un peso por violar a leí constantemente baixo a sua incompetencia. Pretenden usarnos os pescadores para abrirlle a man a quen leva facendo sangue cos nosos recursos durante moitos anos. Coma galego e defensor do noso síntome insultado, espero ver a cara que pon toda esa xente que os respaldou nas últimas eleccions cando vexan que van a seguir vendendo o noso patrimonio a quen o desfai. Se son capaces de dormir tranquilos aprobando este despropósito de lei, que o noso señor lles axude. Marcos Vázquez Lodeiro Expresidente e actual secretario da Asociación Deportiva de pescadores Vilalbeses.

5 - Escrito por Juan Carlos Ferreiro Fernandez o 14/11/2020 11:54

Juan Carlos Ferreiro Fernández, Guardia Civil y pescador conservacionista. De la lectura de este proyecto sólo pueden sacarse dos conclusiones: Primera: lo redactaron un martes trece, tenían un mal día. Segunda: lo redactaron después de ver la saga de las películas de viernes trece, quieren acaban con nuestros ecosistemas. Dejando de lado la sorna gallega les pediría que simplemente consultasen los principios generales del derecho y sus funciones antes de condenar a muerte ( con o sin motosierra ) a nuestros ecosistemas fluviales. Por ahorrarles la búsqueda, les relato a continuación los que pueden encontrar en algo tan simple como la Wikipedia: Los principios generales del derecho tienen tres funciones que tienen incidencia importante en las normas del ordenamiento, estas son: la función creativa, la función interpretativa, y la función integradora. 1. La función creativa establece que antes de promulgar la norma jurídica, el legislador debe conocer los principios para inspirarse en ellos y poder positivizarlos. Está claro que el conocimiento de la pesca y su conservación es totalmente desconocido por los redactores del proyecto. 2. La función interpretativa implica que al interpretar las normas, el operador debe inspirarse en los principios, para garantizar una cabal interpretación. La interpretación de este proyecto denota más una vertiente económica de la explotación del recurso que no su conservación. Es más su conservación es lo que menos importa a tenor del texto. 3. La función integradora significa que quien va a colmar un vacío legal, debe inspirarse en los principios para que el derecho se convierta en un sistema hermético. Si la anterior Ley era mala esta que nos viene será una nueva involución, en vez de legislar la conservación nuevamente la están condenando. Se recogen otras funciones como la función informadora o la limitativa, pero para que extenderse cuando está claro que el fin de los ecosistemas acuáticos naturales van a ser totalmente extinguidos. Como apunte final les recuerdo que la vigente Ley de Pesca Fluvial dice en su artículo 1. Objeto de la Ley.1. La presente Ley tiene por objeto la regulación de la conservación, el fomento y el ordenado aprovechamiento de las poblaciones piscícolas y de otros seres vivos que habitan en las aguas continentales de la Comunidad Autónoma de Galicia. Por favor díganme su dirección para pedirle a mis compañeros del Seprona que se acerquen por ahí por si aunque sea en grado de tentativa , hubiese motivo de sanción. Les ruego que disculpen mi sorna pero soy gallego, Guardia Civil y con mucho orgullo defiendo mi tierra. Buenos días.

6 - Escrito por Ramona o 04/02/2021 11:42

Estamos en lo de siempre, si quieren hacer un proyecto de ley de pesca, por favor que intervengan los pescadores, ingenieros, guardias fluviales... personas q conozcan y amen el mar , el río ...., porque de lo que me doy cuenta es que ustedes los políticos no tienen ni idea. Si hay q mejorar la ley de educación, si, de educación, cuenten con los profesionales de la educación, profesores que están en activo, porque ellos realmente saben lo q ocurre en las aulas en la vida real, mientras que ustedes los políticos,no tienen ni pajatora idea. Y podría seguir con los distintos sectores, hay un refrán que viene al dedo “Zapatero a tus zapatos” un refranero muy sabio. Gracias por leerlo y aver si se les enciende la bombilla. Aprovecho para pedir a los parlamentarios y políticos que sean solidarios y las dietas que cobren se las dé a estas personas que han tenido q cerrar sus negocios, perdido su trabajo, los que han pasado a ser pobres, a los que no pueden pagar su hipoteca, alquiler, gastos de la casa, alimentación... Y otra cosa, veo en la foto del parlamento que todos están con mascarilla y tienen una mampara de separación y yo me pregunto DONDE ESTÁN ESAS MAMPARAS EN LAS AULAS?porque nuestros hijos e hijas están en clase con las ventanas abiertas pasando frío, con mantas , abrigos..,, Y no sigo porque estaría varias horas y sería muy largo de leer Bendiciones

Engadir unha opinion

Cubra os campos do formulario e prema no botón enviar.

Os campos con * son obrigatorios.

saltar ao pe de páxina