saltar ao contido

Santalices defende que hai que lexislar cos pés na terra e atendendo ás necesidades das persoas

16/10/2024



  • Inaugurou o Foro de Dereito Constitucional que se celebrou na Facultade de Dereito da USC 'Como esmorece o Estado democrático? O caso de Venezuela'

 

  • Destacou a hospitalidade coa que as sociedade galega acolle aos venezolanos retornados

 

 

Santiago, 16 de outubro de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, avogou hoxe, na inauguración do Foro de Dereito Constitucional que se celebrou na Facultade de Dereito da USC,  por coidar e reforzar a democracia cada día, lexislando “sempre cos pés na terra" e tendo presentes as necesidades da xente como principal obxectivo de calquera responsable público.

 

Na súa intervención sinalou a defensa dos valores democráticos como unha “obriga permanente" para todos os que desempeñan responsabilidades públicas, “especialmente neste tempo no que atravesamos unha certa crise das democracias".

 

O xefe do Lexislativo autonómico referíuse aos vínculos entre Galicia e Venezuela derivados da máis recente emigración galega a América. Neste sentido destacou a hospitalidade con que a sociedade galega recibe aos venezolanos retornados, obrigados a abandonar o seu país por razóns económicas, políticas, de inseguridade, ou polas tres ao mesmo tempo. "Somos unha sociedade acolledora e con memoria", lembrou.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina