saltar ao contido

Pilar Rojo adianta que a web do Parlamento ofrecerá proximamente novos mecanismos de participación cidadá

A presidenta do Lexislativo ​ofreceu unha conferencia en Ferrol convidada polo Club de Campo, onde explicou que 34 anos despois da súa primeira sesión, o Parlamento de Galicia se ten convertido no cerne da vida democrática da Comunidade.
<p class='clearfix'></p>

Conferencias 18/11/2015

· Ao abeiro da recente Lei de iniciativa lexislativa e participación cidadá, permitirá que os cidadáns presenten, a través da web, preguntas ao Goberno.
· Rojo Noguera ofreceu unha conferencia en Ferrol convidada polo Club de Campo, onde explicou que 34 anos despois da súa primeira sesión, o Parlamento de Galicia se ten convertido no cerne da vida democrática da Comunidade.

Santiago, 18 de novembro de 2015.- A web do Parlamento de Galicia ofrecerá, en datas próximas, novos mecanismos para facilitar a participación cidadá na Cámara lexislativa. Farao ao abeiro da recentemente aprobada Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia, segundo anunciou esta noite en Ferrol a presidenta da Cámara, Pilar Rojo.
 
Entre outras novidades, os cidadáns poderán presentar, a través da web, preguntas dirixidas ao Goberno galego, e tamén exercer o dereito de petición, de xeito individual ou colectivo, perante o Parlamento de Galicia. Estas posibilidades súmanse á que xa permite actualmente a calquera persoa formular propostas ou suxestións referidas aos textos lexislativos que se atopan en tramitación na Cámara galega.
 
Nunha conferencia pronunciada esta noite no Club de Campo de Ferrol, a presidenta do Parlamento explicou que a Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá contempla "propostas novidosas que enriquecen o día a día do traballo parlamentario, facilitando canles de participación a todos os cidadáns".
 
Pilar Rojo enmarcou esta lei na aposta pola rexeneración, que abrangue tamén outras iniciativas, como a recente reforma do Regulamento do Parlamento, que outorga maiores prerrogativas de control aos deputados, axiliza o traballo da Cámara e aposta pola transparencia e a participación.
 
Cerne da vida democrática
 
Pilar Rojo comezou a súa intervención efectuando un percorrido a través da historia da Cámara lexislativa galega, constituída o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez, en Santiago.
 
Case 34 anos despois da súa constitución, o Parlamento de Galicia tense consolidado como o "cerne da vida democrática e autonómica de Galicia", afirmou.
 
Agregou que o Parlamento de Galicia se sitúa como a segunda Cámara autonómica que máis horas dedica ao traballo en Pleno, unha intensidade de traballo que discorre paralela a unha xestión rigorosa dos recursos públicos que administra: é á Cámara máis económica das denominadas comunidades históricas; e é  terceiro parlamento autonómico máis barato en comparación co presuposto total da Comunidade Autónoma.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina