saltar ao contido

Os presidentes do Parlamento e do Consello da Cultura Galega analizan posibles proxectos conxuntos entre as dúas institucións

Reunión 26/02/2016

• Santalices Vieira tamén se reuniu co presidente de COGAMI

Santiago, 26 de febreiro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reunise este mediodía co titular do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, nun encontro no que analizaron posibles proxectos a abordar entre as dúas institucións.
 
Na xuntanza, a primeira con Ramón Villares desde que Santalices asumiu a Presidencia ao Parlamento, tamén repasaron iniciativas conxuntas xa abordadas entre o Lexislativo galego e o Consello da Cultura, como a edición de libros.
 
Previamente, o presidente do Parlamento celebrou unha reunión co presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, na que abordaron as medidas impulsadas polo Parlamento a favor das persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina