saltar ao contido

Santalices destaca o seu interese en abrir o Parlamento á xente

Foro La Región 18/01/2019

 
• O presidente do Parlamento de Galicia participou como convidado no Foro La Región, onde foi presentado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar

Santiago, 17 de xaneiro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde, como convidado, no Foro La Región, en Ourense, onde explicou en detalle as funcións e o traballo da institución que dirixe, así como os cambios operados ao longo das preto de catro décadas de vida da Cámara e aos retos aos que se enfronta. Foi presentado polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, José  Manuel Baltar.
 
Santalices subliñou o seu especial empeño en abrir o Parlamento á xente, e tamén que o Parlamento se acerque á xente. Explicou que o Parlamento de Galicia é a primeira Cámara autonómica con sede electrónica propia, o que reforza as posibilidades de participación cidadá e completa a dixitalización de procedementos como a licitación ou a factura electrónica.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina