saltar ao contido

Convocatoria da Sesión plenaria de investidura do candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, o día 9 de abril de 2024, ás 9,30 horas

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 9 de abril de 2024, ás 9:30 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de abril de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

 Punto único.- Proposta de candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, presentación do seu programa de goberno e elección, de conformidade co disposto no artigo 15.3 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.

 

 

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina