saltar ao contido

Miguel Ángel Santalices Vieira

Nacemento: Bande (Ourense) -

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Ourense
Ourense

Biografía:

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario do corpo especial de Xestión e Administración Sanitaria. Máster en Alta Dirección Hospitalaria pola Escola de Administración de Barcelona. Diplomado en Dirección Hospitalaria pola Escola Nacional de Xerencia Hospitalaria e Escola Nacional de Sanidade. Diplomado en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade.

Foi director de ambulatorios da Área Sanitaria de Vigo, director xerente do Hospital Psiquiátrico Doutor Cabaleiro Goás, de Toén (Ourense), director xerente do Hospital de Vigo e director xerente do Hospital de Ourense. Actualmente, en servizos especiais.

Membro do Comité de Dirección, do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo Provincial do PP de Ourense.

Deputado do PPdeG por Ourense no Parlamento de Galicia desde o ano 1997. Portavoz de Sanidade na V, VI, VII, VIII e IX lexislaturas. Mellor parlamentario de España no eido sanitario, elixido pola revista especializada Redacción Médica. Presidente da Comisión de Sanidade na VIII e parte da IX lexislatura. Presidente da Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económica-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos, na IX lexislatura.

Foi vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, na V, VIII e IX lexislaturas ata a súa elección como presidente do Parlamento o 26 de xaneiro de 2016.

Presidente do Parlamento de Galicia na X lexislatura.

Imaxe de Miguel Ángel Santalices Vieira

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Mesa do Parlamento

Novembro de 2023
Luns
06
18:30
Martes
14
10:30
Martes
28
10:30

Xunta de Portavoces

Novembro de 2023
Martes
14
11:30
Martes
28
11:30

Pleno do Parlamento

Novembro de 2023
Martes
07
10:00
Mércores
08
10:00

Comisión N.P. de estudo sobre a posible modificación do himno

Novembro de 2023
Martes
28
10:05
saltar ao pe de páxina