saltar ao contido

Miguel Ángel Santalices Vieira

Nacemento: Bande (Ourense) - 1955

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de Ourense
Ourense

Biografía:

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario do corpo especial de Xestión e Administración Sanitaria. Máster en Alta Dirección Hospitalaria pola Escola de Administración de Barcelona.

Diplomado en Dirección Hospitalaria pola Escola Nacional de Xerencia Hospitalaria e a Escola Nacional de Sanidade, así como en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade.

Presidente do Parlamento de Galicia na X e na XI lexislaturas. Membro do Comité de Dirección e do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia. Deputado por Ourense no Parlamento de Galicia desde o ano 1997. Voceiro de Sanidade na V, VI, VII, VIII e IX lexislaturas. Mellor parlamentario de España no ámbito sanitario, elixido pola revista especializada Redacción Médica. Presidente da Comisión de Sanidade na VIII e parte da IX lexislaturas.

Vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia na V, VIII e IX lexislaturas, ata a súa elección como presidente do Parlamento de Galicia o 26 de xaneiro de 2016.

Foi director de ambulatorios da Área Sanitaria de Vigo, director xerente do hospital psiquiátrico Doutor Cabaleiro Goás, de Toén (Ourense), e director xerente dos hospitais de Vigo e Ourense.

Imaxe de Miguel Ángel Santalices Vieira

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Xunta de Portavoces

Marzo de 2024
Luns
25
11:40

Pleno do Parlamento

Marzo de 2024
Luns
18
11:00

Mesa da Deputación Permanente

Marzo de 2024
Luns
11
12:00
Luns
18
10:00
saltar ao pe de páxina