A través deste sitio web non se solicitan datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros.
Co fin de lle ofrecer o mellor servizo e para facilitar o uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas así como a actividade dos visitantes e a súa frecuencia de utilización.
Para estes efectos, o Parlamento de Galicia utiliza a información estatística obtida a través da ferramenta Matomo.
A ferramenta Matomo está configurada para preservar a privacidade dos visitantes, de acordo coas recomendacións daquela, que inclúen a configuración de Do Not Track, a anonimización dos enderezos IP dos visitantes, o borrado automático dos rexistros e informes antigos e a inclusión de código HTML de non-seguimento.
O portal do que é titular o Parlamento de Galicia contén ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á do Parlamento de Galicia. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies.
Os datos de carácter persoal que se solicitan directamente do usuario a través dos distintos recursos dispoñibles no portal serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados aos respectivos ficheiros dos que é responsable o Parlamento de Galicia, coas finalidades que se detallan na declaración dos devanditos ficheiros, e non serán utilizados para finalidades incompatibles con estas. Os datos solicitados poderán ser cedidos nos casos previstos para cada ficheiro.
Os afectados poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, transparencia da información, supresión (esquecemento), limitación ou portabilidade dirixíndose por escrito a: Parlamento de Galicia, con domicilio en Rúa do Hórreo, 63 Santiago de Compostela, 15.701 – A Coruña, ou mediante correo electrónico certificado a: pdcp@parlamentodegalicia.gal, achegando, nos dous casos, unha fotocopia do documento nacional de identidade e con expresión da data, a sinatura e o enderezo para os efectos de notificacións.
A web do Parlamento de Galicia non utiliza cookies para recoller información das persoas usuarias. Unicamente utilízanse cookies con finalidade técnica (aquelas que permiten á persoa usuaria a navegación a través do sitio web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nela existen).
O sitio web do que é titular o Parlamento de Galicia contén ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas ao Parlamento de Galicia. Ao acceder a tales sitios web vostede pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se navega por internet vostede pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.
Cookies | Tipo | Temporalidade | Titularidade | Finalidade |
---|---|---|---|---|
Cookies propias do aviso de xestión de cookies:
|
Técnica | Temporal | Propia |
Empréganse para o control de aparición e aceptación do propio aviso de xestión de cookies. |
Cookies de seguridade:
|
Técnica | Temporal | Propia |
Utilízanse para o correcto funcionamento do portal. |
Cookies de Recaptcha:
|
Técnica | Temporal | Allea |
Utilízanse para o correcto funcionamento do recaptcha. |