• Durante a visita, a presidenta do Parlamento de Galicia interesouse pola situación da colonia galega asentada naquel país
Santiago, 3 de abril de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu hoxe no seu despacho ao embaixador da República Oriental do Uruguai en España, Carlos Pita Alvariza, que estivo acompañado pola cónsul xeral dese país en Galicia, Marta Echarte Bairaibar.
No trancurso da entrevista, a presidenta da Cámara interesouse pola situación da colonia galega asentada naquel país americano e polas relacións hispano-uruguaias.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia