• Envía unha mensaxe de condolencia á familia do falecido
Santiago, 25 de abril de 2012.- A presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo Noguera, expresou esta tarde o seu pesar, en nome propio e no do Parlamento de Galicia, polo falecemento de Xaime Isla Couto, presidente de honra e cofundador da Editorial Galaxia.
Logo de coñecer o pasamento desta personalidade polifacética da cultura galega, Rojo Noguera enviou unha mensaxe de condolencia á familia do falecido.
“O seu exemplo –afirma Rojo Noguera referíndose á traxectoria do falecido- perdurará para sempre na memoria colectiva de Galicia”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia