• Pilar Rojo deséxalle un mandato cheo de éxitos e valora o traballo da Garda Civil
Santiago, 18 de xuño de 2012.- O xeneral de brigada José María Feliz Cadenas, xefe de zona da Garda Civil en Galicia, efectuou este mediodía unha visita de cortesía á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, logo de tomar posesión dese cargo nun acto celebrado o pasado xoves na Coruña.
Pilar Rojo desexou ao xeneral Feliz Cadenas que o seu mandato estea repleto de éxitos, “porque o seu éxito será o de toda Galicia”, e valorou o traballo que desenvolve a Garda Civil nesta Comunidade Autónoma.