saltar ao contido

Pilar Rojo participa no Senado nunha reunión do Comité Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos


Pilar Rojo participa no Senado nunha reunión do Comité Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos

Santiago, 4 de xullo de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participou este mediodía no Senado, nunha reunión do Comité Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos, convocada pola presidenta do Parlamento Vasco e actual titular da COPREPA, Arantxa Quiroga, e na que o titular da Cámara Alta, Pío García Escudero, actuou como anfitrión.
 
Na xuntanza, abodáronse asuntos relacionados coa organización e funcionamento da COPREPA, ademais de intercambiar información sobre os traballos que están a desenvolver os diferentes parlamentos autonómicos.
 
O Comité Permamente da COPREPA está integrado polos presidentes dos Parlamentos do País Vasco, Arantxa Quiroga; de Galicia, Pilar Rojo Noguera; de Navarra, Alberto Catalán; de Canarias, Antonio Castro; e de Extremadura, Fernando Manzano, que tamén preside a Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE).
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina