saltar ao contido

O Parlamento de Galicia convoca 10 bolsas de formación para universitarios

• Esta convocatoria anual enmárcanse nun convenio marco de colaboración asinado entre o Parlamento e as universidades galegas
 
• A convocatoria pode consultarse na web do Parlamento de Galicia e os aspirantes dispoñen dun prazo de 20 días para presentar as solicitudes
 

Santiago, 3 de outubro de 2012.- O Parlamento de Galicia acaba de abrir o prazo para a presentación de solicitudes para optar a algunha das dez bolsas de  formación práctica en materia de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, informática e xestión parlamentaria convocadas pola Cámara autonómica.
 
A convocatoria, que se publica por terceiro ano consecutivo, enmárcase no convenio de colaboración asinado ante a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, e os reitores das tres universidades galegas.
 
As bases da convocatoria (publicadas no BOPG número 763, do 25 de setembro de 2012), poden consultarse na web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es), onde tamén se pode descargar o modelo de instancia.
 
Prazo de 20 días para presentar as solicitudes
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio e os interesados poden presentar as solicitudes nun prazo de vinte días naturais.
 
As bolsas terán un ano de duración, están dirixidas a titulados no curso académico 2007-2008 ou posteriores e son as seguintes:
 
• 5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
• 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
• 1 bolsa de formación en publicacións.
• 2 bolsas de formación en informática.
• 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina