saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 12 de marzo de 2013

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 12 de marzo de 2013, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de marzo de 2013, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Textos Lexislativos:
 
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia (doc. núm. 2058, 09/PL-000003).
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 35, do 22.01.2013
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 60, do 28.02.2013
 
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de fomento da investigación e a innovación de Galicia (doc. núm.2505, 09/PL-000006).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40, do 29.01.2013
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 63, f.3, do 5.03.2013
 
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 1346 (09/CPP-000018)
 Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a petición propia, para informar dos obxectivos e liñas xerais de actuación política do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 13, do 11.12.2012
 
2.2 Acumúlase na anterior a seguinte:
 
 996 (09/CPP-000006)
 Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a solicitude dos 18 deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia, para dar conta das liñas de actuación da súa consellaría
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 07.12.2012
 
2.3 1347 (09/CPP-000019)
 Da Sra. conselleira de Sanidade, a petición propia, para informar dos obxectivos e liñas xerais de actuación política do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 13, do 11.12.2012
 
2.4 Acumúlase na anterior a seguinte
 
 998 (09/CPP-000012)
 Da Sra. conselleira de Sanidade, a solicitude dos 18 deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia, para dar conta das liñas de actuación da súa consellaría
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 19.12.2012
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 4473 (09/MOC-000007)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación na que se atopa o sector naval de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 733, publicada no BOPG núm. 11, do 07.12.12, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2013)
 
3.2 4492 (09/MOC-000008)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quintas Álvarez, María Remedios
 Sobre as medidas que debe levar a cabo o Goberno galego para frear a subida do desemprego en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 1717, publicada no BOPG núm. 25, do 03.01.2013, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2013)
 
3.3 4496 (09/MOC-000009)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Fajardo Recouso, Juan Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa decisión do Goberno central de recortar as pensións públicas. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 1268, publicada no BOPG núm. 18, do 19.12.2012, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2013)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 822 (09/PNP-000040)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co asentamento industrial de ENCE en Lourizán, na ría de Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 07.12.2012
 
4.2 1925 (09/PNP-000165)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe impulsar a Xunta de Galicia en relación coa situación das empregadas do fogar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 23.01.2013
 
4.3 2388 (09/PNP-000188)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia á Unión Europea en relación coa  inclusión do porto de Vigo, como porto nodal, dentro do Regulamento Europeo para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transportes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
 
4.4 2473 (09/PNP-000190)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
 Sobre a demanda que debe realizarlle o Goberno galego ao Goberno central en relación cos obxectivos sobre o déficit futuro da Comunidade Autónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
 
4.5 3349 (09/PNP-000241)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Sánchez García, Antón e Díaz Pérez, Yolanda
 Sobre a elaboración dun plan especial de desenvolvemento económico da comarca de Bergantiños alternativo ao proxecto mineiro de extracción de recursos auríferos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 51, do 13.02.2013
 
4.6 3994 (09/PNP-000282)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co preceptivo informe de impacto de xénero que debe acompañar o proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 60, do 28.02.2013
 
 
4.7 4016 (09/PNP-000288)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez González, Román e 6 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de deixar sen efecto o proxecto de construción dun complexo ambiental no sur de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 60, do 28.02.2013
 
 
4.8 4072 (09/PNP-000296)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
 Sobre o mantemento polo Goberno galego da totalidade das axudas destinadas aos concellos para o financiamento do labor dos equipos de prevención de drogodependencias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 60, do 28.02.2013
 
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 550 (09/INT-000003)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a posición da Xunta de Galicia respecto da paralización definitiva dos dous edificios pendentes de construción na Cidade da Cultura e a avaliación do seu impacto económico, social e cultural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 25, do 03.01.2013
 
5.2 902 (09/INT-000034)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Sobre as previsións do Goberno galego para o cumprimento da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación con diversos artigos do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 11, do 07.12.2012
 
5.3 1010 (09/INT-000044)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Val Alonso, José Ramón e 2 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo e as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación co recente acordo de pesca entre a Unión Europea e Mauritania e a súa incidencia na frota cefalopodeira galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 14, do 12.12.2012
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
6.1 4582 (09/POPX-000010)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vázquez Fernández, Manuel
 Sobre a valoración da situación de parálise política que se evidencia en Galicia
 
6.2 4584 (09/POPX-000011)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Díaz Pérez, Yolanda
 Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para evitar as repercusións, nos ámbitos demográfico e socioeconómico, da perda de persoas mozas altamente cualificadas
 
6.3 4592 (09/POPX-000012)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Jorquera Caselas, Francisco Xesús
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para evitar a utilización dun cargo político para o lucro persoal
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 2874 (09/POP-000243)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Soneira Tajes, María Soledad e 3 máis
 Sobre a fase na que se atopan as obras de construción da autovía da Costa da Morte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 51, do 13.02.2013
7.2 4595 (09/PUP-000019)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Gómez Alonso, Alejandro e 6 máis
 Sobre a información do Goberno galego en relación co estado actual das obras da liña de alta velocidade ferroviaria en Galicia
 
7.3 4606 (09/PUP-000020)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Beiras Torrado, Xosé Manuel e 3 máis
 Sobre a situación de estrangulamento do creto á economía produtiva galega e a falla dunha política pública en materia industrial para Galicia
7.4 2397 (09/POP-000190)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Aymerich Cano, Carlos Ignacio e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para solucionar a saturación do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 41, do 30.01.2013
 
7.5 3491 (09/POP-000290)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para evitar o problema dos suicidios tras os recortes orzamentarios en materia de saúde mental e drogodependencias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 58, do 26.02.2013
 
7.6 4575 (09/PUP-000017)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
 Sobre o anuncio da aplicación pola Consellería de Sanidade do Decreto da área integrada ás áreas sanitarias da Mariña e de Monforte de Lemos
 
7.7 3219 (09/POP-000264)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
 Sobre as principais novidades no ámbito da ordenación forestal sustentable que se teñen previsto abordar na nova normativa prevista pola Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración co sector e no marco da denominada Mesa da Madeira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 51, do 13.02.2013
 
7.8 4591 (09/PUP-000018)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para evitar os recortes nas posibilidades de captura impostos á frota galega de baixura, tanto  pola Unión Europea como polo Goberno central
 
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013
 

Pilar Rojo Noguera
Presidenta

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina