Este 15 de maio, aniversario do comezo do éxodo do pobo palestino, o Parlamento de Galicia reclama da comunidade internacional que esixa a Israel:
O cumprimento das resolución das Nacións Unidas.
O respecto absoluto dos dereitos humanos de palestinas e palestinos.
O respecto absoluto dos dereitos colectivos do pobo palestino.
O recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas de que foron expulsadas.
Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienábeis da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana.
O Parlamento de Galicia non escatimará esforzos en contribuír desde Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo o respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza fique sempre sometida ao dereito.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013