Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o día 12 de xuño de 2013
5.1.- 5315 (09/PNP-000400)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro, e Pazos Couñago, José Alberto
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co trazado da autovía A-57.
Publicación da iniciativa, BOPG nº 77, do 27.03.2013
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Ministerio de Fomento en relación coa A-57:
1. A derrogación da aprobación da "Alternativa 5" por ser a máis prexudicial e conflitiva.
2. A aprobación da "Alternativa 11" do Estudo informativo da conexión da A-57 coa Rede Arterial de Vigo (Pazos de Borbén-Os Valos-Peinador), modificando o trazado que discorre pola parroquia de Vilar, para así reducir as afeccións e prexuízos que xera no termo municipal de Redondela».
5.2.- 7200 (09/PNP-000543)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román e 6 máis
Sobre o impulso por parte da Xunta de Galicia das actuacións necesarias para fomentar a adhesión dos concellos galegos ao convenio para a creación dun fondo social de vivendas.
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 99, do 08.05.2013.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover as accións precisas para fomentar a adhesión dos concellos galegos ao CONVENIO PARA A CREACIÓN DUN FONDO SOCIAL DE VIVENDAS.
Dentro deste convenio, os concellos nos que exista demanda suficiente e que dispoñan de solo urbano ou urbanizable de titularidade municipal destinado á construción de vivendas poderán cedelo á Xunta de Galicia, e esta comprométese a edificar vivendas destinadas á creación ou ampliación deste fondo social, no prazo que se estableza no convenio, ata atender esta demanda».