Santiago, 21 de xuño de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galcia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara, ao embaixador de Cuba en España, Alejandro González Galiano, que acudiu acompañado polo cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, e por dous conselleiros da Embaixada.
Pilar Rojo convidou ao embaixador a asinar no libro de Ouro de Galicia.
Durante a reunión, abordaron a situación das relacións entre Cuba e Galicia, cunha especial referencia á colonia galega asentada na illa e aos intercambios comerciais.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.