saltar ao contido

Pilar Rojo presidiu a entrega da XXIX edición do Premio "Celanova, Casa dos Poetas"

 
Pilar Rojo apela á responsabilidade colectiva na posta en valor da cultura galega
 
• A titular do Parlamento de Galicia presidiu os actos de entrega da XXIX edición do Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, que este ano foi concedido ao Grupo R de Comunicación
 
• Apunta que a normalización da cultura e a lingua galegas transitan por un camiño sen retorno e valora que o Grupo R teña asumido con naturalidade os sinais de identidade de Galicia
 

Santiago, 8 de setembro de 2013.- “A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recordou este mediodía a responsabilidade de todos, institucións e sociedade civil no seu conxunto, respecto á “nobre tarefa de poñer en valor  a totalidade da nosa cultura nas súas diferentes manifestacións”.
Rojo Noguera fixo esta chamamento ao pechar o acto de entrega da XXIX edición do Premio “Celanova, casa dos Poetas”, que este ano foi entregado o Grupo R de Comunicación.
 
Normalización
Nesta ocasión, o Premio recaeu por vez primeira nunha empresa, unha decisión que, a xuízo da xefa do lexislativo galego, certifica non só  os méritos da sociedade galardoada, senón tamén “o camiño sen retorno polo que a normalización da cultura e a lingua de Galicia transita desde hai décadas”.
A presidenta do Parlamento de Galicia tivo tamén palabras de agradecemento para a Fundación Curros Enríquez, promotora do premio entregado hoxe, e destacou que tanto esta institución como a empresa galardoda comparten o seu compromiso coa excelencia.
 
Pilar Rojo fixo, ademais, un chamamento ao conxunto das institucións e cidadáns de Galicia para que desde a confianza, “xuntos, podamos seguir loitando pola nosa identidade, a nosa lingua, a nosa cultura e un futuro de porvir”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina