saltar ao contido

O Parlamento de Galicia celebrará o Debate sobre o Estado da Autonomía do 15 ao 17 de outubro



Santiago, 2 de outubro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e os portavoces dos catro grupos parlamentarios acordaron que o Debate sobre o Estado da Autonomía se celebre entre os días 15 e 17 de outubro.
 
Este foi un dos asuntos abordados nunha xuntanza celebrada este mediodía no despacho da presidenta do Parlamento.
 
A convocatoria formal e o formato do Debate serán aprobados na reunión da Xunta de Portavoces que se celebrará a próxima semana.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina