saltar ao contido

Pilar Rojo participa en Bruxelas no Plenario anual da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa

• Esta tarde participou nas reunións do grupo de traballo sobre o futuro da CALRE e no Comité Permanente, e este luns presentará as conclusións do grupo de traballo sobre modelos rexionais institucionais coordinado por Galicia

Santiago, 20 de outubro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participou esta tarde en Bruselas nas reunións previas ao Plenario Anual da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE) que comeza esta luns na capital comunitaria.
 
Esta tarde, Rojo Noguera participou nas xuntanzas do grupo de traballo sobre o futuro da CALRE e no Comité Permanente da organización, no transcurso das que se que ultimaron os preparativos do Plenario que comeza este luns.
 
Durante a xornada de mañá , Pilar Rojo presentará as conclusións do grupo de traballo da CALRE sobre “Modelos Institucionais Rexionais-Democracia Rexional”, que foi coordinado polo Parlamento de Galicia.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina