saltar ao contido

A ex-ministra austríaca de Exteriores e ex-eurocomisaria Benita Ferrero clausurará unha xornada sobre o futuro de Europa organizada polo Parlamento de Galicia

A xornada, enmarcada na Presidencia da CALRE que ostenta Pilar Rojo celebrarase na Cámara galega o 31 de marzo
<p class='clearfix'></p>

 

• A xornada, enmarcada na Presidencia da CALRE que ostenta Pilar Rojo celebrarase na Cámara galega o 31 de marzo

 

 A conferencia inaugural será impartida polo presidente do Comité das Rexións,  Ramón Luis Valcárcel, nunha sesión que tamén contará coa participación de profesores universitarios e empresarios

 

Santiago, 19 de marzo de 2014.- O Parlamento de Galicia acollerá o próximo 31 de marzo unha xornada titulada “¿Por qué nos importa Europa?: O futuro das rexions na Unión Europea”, enmarcada na Presidencia galega da CALRE 2014 e que será clausurada por Benita Ferrero–Waldner, actual presidenta da Fundación Euroamérica, ex-ministra de Asuntos Exteriores de Austria e ex-comisaria Europea de Relacións Exteriores, e de Comercio e Política Europea de Vecindade. O seu relatorio versará sobre “A importancia de Europa no mundo globalizado” e será presentada polo director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Aller.

Esta xornada enmárcase nas actividades organizadas co gallo da Presidencia da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) que a titular do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, ostenta durante o ano 2014.

Pilar Rojo será a encargada de abrir esta xornada, na que a conferencia inaugural correrá a cargo do presidente do Comité das Rexións e presidente da Rexión de Murcia, Ramón Luis Valcárce Siso.
 

Mesa redonda

De seguido, o programa inclúe unha mesa redonda moderada polo xornalista José Luis Gómez baixo o título “Europa, si ou non?”. Participarán neste debate José Luis Barreiro Rivas, profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela; Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC; Cristina Ares Castro-Conde, profesora contratada doutora do departamento de Ciencia Política e da Administración da USC;  Marta Álvarez Quintero, da Granxa Maruxas; e Adolfo Domínguez, presidente da empresa Adolfo Domínguez.

Con esta actividade, o Parlamento de Galicia pretende contribuír a suscitar o interese dos cidadáns sobre a realidade europea e alimentar, con argumentos sólidos, un debate sosegado respecto ao futuro das institucións comunitarias.

74 rexións e máis 200 millóns de cidadáns

Creada en 1997 e integrada polos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas, da CALRE forman parte os órganos lexislativos das comunidades autónomas españolas,  consellos rexionais italianos, asambleas de rexións e comunidades belgas, os parlamentos dos länder alemáns e austríacos, o parlamento autónomo de Åland (Finlandia), as asambleas rexionais das illas Azores e Madeira (Portugal) e as de Escocia, Gales e Irlanda do Norte (Reino Unido). Son en suma, órganos de oito países diferentes e representan a máis de 200 millóns de cidadáns.

 

Para consular o programa da xornada preme aquí:

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaDocumentosVarios/PROGRAMA_CALRE_2014_GA.pdf


 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina